En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.
Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 24 de xullo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueloutros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as, será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as
Acceso libre.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Alonso Costas, Ana María |
36125368G |
16, 20 |
|
Area Moreira, Luis Antonio |
52490031Y |
56 |
|
Carbonell Mateo, Azahara |
48538014X |
20, 58 |
|
Casero Palomares, Sandra |
53227646B |
16, 20 |
|
Chas Taboada, María Isabel |
32807705E |
16, 20 |
|
Corral García, José Nicolás |
34891229E |
56 |
|
Cuba Campello, Carlos |
76577748F |
58 |
|
Domínguez Ouviña, José Antonio |
52934253Y |
16, 20 |
|
Domínguez Pérez, David |
44656303D |
16 |
|
Expósito Medina, Ivett |
44711805N |
16, 20 |
|
Fernández Rivero, María del Carmen |
76747887S |
16, 20 |
|
Ferrer Reboiras, José Luis |
53115249S |
16, 20 |
|
Fontán González, Rodrigo |
78738742J |
13, 22 |
|
Forja Pena, Javier |
33557517B |
56 |
|
Furones Pérez, Martina |
35470046K |
58 |
|
García Cacheda, José Antonio |
76824871H |
56 |
|
Gómez Fernández, Iván |
44829468F |
18 |
|
González, José Ángel |
32633826T |
16, 20 |
|
Graña Pérez, Ángel Humberto |
78735919L |
17, 58 |
|
Hermida Miser, Rocío |
76871505P |
58 |
|
Lago García, Carlos |
52498558T |
56 |
|
López Gallego, Héctor |
33343133X |
16 |
|
Martín Bejarano, Vicente Miguel |
44080245D |
56 |
|
Martínez Rodríguez, José |
34876556T |
56 |
|
Mateo Arias, Guillermo |
28639260M |
18 |
|
Mourín Espasandín, Yolanda |
79336363W |
16, 20 |
|
Pena López, Fe |
33351642D |
18, 19, 58 |
|
Penido García, Diana María |
52457141Y |
22 |
|
Rey Gómez, Paula María |
46904607V |
16 |
|
Rodríguez Leiros, Diego |
76994518V |
56 |
|
Sánchez Roca, Gonzalo |
46917627L |
16, 20 |
|
Silva Varela, Jaime |
44091568Q |
56 |
|
Suárez Fuentes, Pilar |
44807441Z |
20, 25, 56 |
|
Suárez Reyes, Sebastián Jesús |
78509569N |
16, 20 |
Cota específica base I.1.2.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Fagoaga Figueiras, Carlos |
24398611G |
16 |
|
García Alves, José Carlos |
36077799E |
13 |
|
García Bonilla, Juan Luis |
28896455Z |
15 |
|
Vidal Fernández, Eva María |
09798686L |
15 |
|
Código |
Descrición |
|
13 |
Doc. xust. exención taxas fóra de prazo |
|
15 |
Documento xustificativo exención taxas non cotexado |
|
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
|
17 |
Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado |
|
18 |
Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido |
|
19 |
Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convoc. con cotexo non válido |
|
20 |
Taxas non aboadas |
|
22 |
Taxas aboadas fóra de prazo |
|
25 |
Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non cotexado |
|
56 |
Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido |
|
58 |
Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado |

