Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 109), e no artigo 5.2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, sométense a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada de permiso de investigación nomeada Riocobo nº 5863 que a continuación se describe:
Solicitante: Sílices de Fuentes, S.L. (Sifusa).
Domicilio social: avenida Agrupación Córdoba, 17, 14014 Córdoba.
Nome: Riocobo.
Número: 5863.1.
Situación: concello de Xermade.
Cuadrículas mineiras: 2 (dúas).
Recurso: areas e gravas de cuarzo.
A designación do terreo é a seguinte:
Vértixe |
Lonxitude |
Latitude |
1 |
-7° 45’ 20” |
43° 21’ 40” |
2 |
-7° 45’ 20” |
43° 22’ 00” |
3 |
-7° 44’ 40” |
43° 22’ 00” |
4 |
-7° 44’ 40” |
43° 21’ 40” |
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar os referidos proxectos/documentos no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras), e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de trinta días a partir da última publicación realizada.
Lugo, 27 de setembro de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo