Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 571/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Calvo Abuín contra a empresa Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
«Decido que, estimando integramente a demanda interposta por instancia de Guillermo Calvo Abuín, representado polo letrado sr. Blanco Lobeiras, contra a entidade Restauración de Tejados y Fachadas de Galicia, S.L., que non comparece malia estar debidamente citada e contra o Fogasa, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada e declaro a extinción da relación laboral na data da sentenza, e condeno a demandada a estar e pasar por esta declaración e a indemnizar o demandante na cantidade de 1.151,86 euros (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa e estar dada de baixa na Seguridade Social).
Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.
Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013
A secretaria xudicial