De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-10.13, por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer proba e concretar os medios de que pretenda valerse.
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013
Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección
ANEXO
Nº de expediente: S-P-10.13.
Interesada: Fundación Karpin Vivenda, S.L.
Último enderezo coñecido: Areal 4, Vigo.
Feitos imputados: remoción de terras no edificio situado na rúa Poboadores nº 24, no concello de Vigo, sen contar coa autorización previa e preceptiva da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
Tipificación: artigo 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.