A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.
c) Número de expediente: PA 95/2013.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concerto, dos servizos de atención diúrna para persoas con alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas nas áreas urbana 2 e rural 32 do Mapa Galego de Servizos Sociais, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, anticipado de gasto.
b) Lugar de execución: A Coruña.
c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento máximo de licitación previsto para a xestión dos servizos de atención diúrna estímase en catrocentos vinte e nove mil catrocentos dezasete euros con sesenta céntimos (429.417,60 €) aos que se lle engaden vinte e dous mil seiscentos trinta e dous euros (22.632 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de catrocentos cincuenta e dous mil corenta e nove euros con sesenta céntimos (452.049,60 €).
5. Garantía provisoria: non.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social-Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfonos: 981 54 56 50-981 54 29 06.
e) Fax: 981 54 56 63.
f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.3.3.1), documentación administrativa sobre nº 1, prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, s/n.
2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19808
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013
P.D. (Orde 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar