Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Federación de Asociaciones Empresariales de Carpintería y Ebanistería de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación da acta do comité executivo da Federación de Asociaciones Empresariales de Carpintería y Ebanistería de Galicia, onde se reflicte o acordo acadado o 8 de xullo de 2013, que consiste no cambio do domicilio social que pasa a ser na praza de José González Dopeso, nº 1, escaleira esquerda, 1º B, A Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social