Pola presente cédula, e debido a que os relacionados no anexo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:
Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 392/2009, do 1 de outubro (DOG núm. 199, do 9 de outubro), Decreto 162/2010, do 23 de setembro (DOG núm. 188, do 29 de setembro), Decreto 209/2011, do 27 de outubro (DOG núm. 213, do 8 de novembro), Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG núm. 222, do 21 de novembro), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.
Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que teñen que presentar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, no teléfono 981 83 43 47.
Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.
Ribeira, 23 de outubro de 2013
Laura María Ballesta López
Xerente executiva do Hospital da Barbanza
ANEXO
Nome do doente |
DNI/NIF |
Da Silva, Claudio Inacio |
X06128386J |
Vázquez Vieito, José Manuel |
052452053R |
Idoeta Baz, Hernán Luis |
053486372X |
Vázquez Vieito, José Manuel |
052452053R |
Vázquez Hermo, Juan José |
052933931Y |
Maceiras Nattes, Stephanie |
053797266J |
Alcalde Santos, José Antonio |
052938018E |
Pérez Vidal, José Juan |
035392701W |
Estévez López, Estela |
053183169Q |
Paz Sobradelo, Francisco Javier |
052933511T |
Guianzo Iglesias, Rosario |
044820902C |
Sandu, Vulpe |
X08919925L |