Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 20 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun lote de bens mobles de titularidade autonómica.

Ás 11.00 horas do día 20 de decembro de 2013 terá lugar na aula situada no baixo do edificio administrativo na rúa Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a cuarta poxa pública do lote de bens mobles da Comunidade Autónoma de Galicia que a seguir se describe, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 25 de xuño de 2012:

Mesa de madeira tallada de 182×98×77 centímetros.

Mesa de madeira tallada e torneada de 162×100×80 centímetros.

Mesa de madeira tallada de 248×124×83 centímetros.

Cadeira de madeira e coiro de 109×57,50 centímetros (catro unidades).

Armario de madeira e vidro de 180×175×40 centímetros.

Máquina de escribir Olivetti liña 98 e máquina calculadora.

Mesa de reunións de madeira de 455×132×80 centímetros.

Andel de madeira de 80×242×25 centímetros (tres unidades).

Tipo de licitación: 200 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Para poder ver os mobles deberase concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda