Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46606

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (850/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 850/2011 desta sección, seguido por instancia de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar) contra Fogasa, Manuel Gago Caeiro, Conservas Dalcaue, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 22 de outubro de 2013.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, en nome e representación de Alfonso García López, S.A. (Conservas Pescamar), ao recurso correspondente.

Considérase preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince (15) días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos se encontran ao seu dispor na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o coida preciso e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da sentenza que invoca, con expresión da súa firmeza.

Considérase efectuado o depósito ingresado para recorrer.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opor á admisión do recurso cando compareza ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Conservas Dalcaue, S.A., con domicilio na Seca. Poio. Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial