Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toén

ANUNCIO de información pública (expediente 335/2013).

Adrián Seijo Iglesias solicitou licenza para a legalización da actividade de taller mecánico e eléctrico de maquinaria agrícola no baixo da edificación situada no Fondón, número 28, Toén. De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, ábrese un período de información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola dita actividade poidan examinar o expediente, na Secretaría municipal, e facer, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Toén, 26 de novembro de 2013

Amancio A. Cid Pérez
Alcalde