Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 26 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, polo que se notifica a varios interesados a resolución recaída na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declaran desistidas na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia as persoas que se indican no anexo.

Logo de intentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polos interesados para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícaselles as persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os interesados poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os interesados comparezan, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 26 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Inés Diéguez García.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: José Manuel Garcés Calle.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.