Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2013/53-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Rante II.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 632 m con condutor RHZ1 e orixe na LMT existente ao CT aéreo 32AA90 e remate no CT proxectado rural Rante II de160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de 1.370 m en aéreo con condutor RZ e 436 m en subterráneo con condutor XZ1 con entrada e saída no CT proxectado rural Rante II.

RBT aerosubterránea de 1.180 m en aéreo con condutor RZ e 126 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente 32AA90.

RBT aerosubterránea de 620 m en aéreo con condutor RZ e 71 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente en caseta 32CV95.

Orzamento: 213.891,95 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e do ambiente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 14 de novembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial