Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2013/195-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Instituto Benéfico Social Padre Rubinos.

Domicilio social: avenida Labañou, 10, 15011 A Coruña.

Denominación: CS, liña e CT de 1.000 kVA.

Situación: rolda de Outeiro, parcela QG-S2.01, A Coruña.

Características técnicas: CS en caseta soterrada, con 3 interrutores-seccionadores de 24 kV, 400 A, 16 kA; en cabina metálica prefabricada. LMT soterrada de interconexión de 326 m de lonxitude en cable 12/20 kV, 1×150 mm2 Al. Centro de transformación interior con transformador de 1.000 kVA, relación 15-20/0,42 kV, seco. Aparellaxe de seccionamento e protección en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 26 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña