Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 46991

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (475/2012).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fai saber que nas presentes actuacións se ditou resolución cuxo extracto é o seguinte:

Sentenza: 227/2013.

Procedemento ordinario 475/2012.

Procedemento de orixe: sobre verbal arrendaticio.

Demandante: Marta del Moral Silva.

Procuradora: Consuelo García García.

Avogado: José M. Ariza Vidal.

Demandado: Jorge Alonso Vidal.

«Sentenza:

Ferrol, 16 de outubro de 2013

Vistos por Mónica Ferreiro Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 475/2012, seguidos por iniciativa de Marta del Moral Silva, representada pola procuradora, Sra. García García e asistida polo letrado Sr. Ariza Vidal, fronte a Jorge Alonso Vidal.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A representación procesual da demandante presentou demanda de xuízo ordinario sobre reclamación de rendas e indemnización por contrato de subarrendamento de local de negocio fronte a Jorge Alonso Vidal. Solicitaba que se ditase sentenza na cal se condenase ao demandado ao aboamento da cantidade de 54.000 euros, máis os seus xuros legais desde a interposición da demanda, así como ao pagamento das custas causadas.

Admitida a trámite esta demanda, deuse traslado ao demandado o cal non compareceu dentro do prazo para contestar a demanda, procedendo a ser declarado en rebeldía procesual por dilixencia de ordenación do 6 de maio de 2013.

Segundo. Realizadas as actuacións anteriores, foron convocadas as partes á celebración da audiencia previa, que tivo lugar coa asistencia do representante e defensor da parte demandante. A parte demandada non compareceu.

Admitida a proba que se estimou pertinente, sinalouse día para a celebración do xuízo.

Terceiro. O xuízo celebrouse o día 1 de outubro de 2013, coa asistencia do representante e defensor da parte demandante. O demandado, en situación de rebeldía procesual non compareceu. A seguir, practicouse a proba admitida e que non foi renunciada, co resultado que figura nos autos e, unha vez formuladas as conclusións, os autos quedaron á disposición para ditar sentenza.

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Marta del Moral Silva, representada pola procuradora, Sra. García García, fronte a Jorge Alonso Vidal, e condénase o demandado a aboarlle á parte demandante a cantidade de 44.000 euros, máis o xuro de demora legal desde a interposición da demanda.

Sen expreso pronunciamento en materia de custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre nos termos dispostos nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil. Para o cal se deberá ter en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida pola xuíza que a ditou no día da data cando estaba celebrando audiencia pública. Dou fe.

Dilixencia. A anterior sentenza quedou depositada na secretaría do meu cargo unha vez lida e publicada. Dou fe.

Signifícase que para o seu dilixenciamento se lle fai entrega á procuradora da parte demandante Consuelo García García.

Ferrol, 17 de outubro de 2013

A secretaria xudicial