Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (749/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 749/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xulio Oliveira Lago, José Martínez Sánchez, Antonio Luis Barreiro Recouso e José Antonio Sánchez Astray contra Casa Chelo, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Xulio Oliveira Lago, José Martínez Sánchez, José Antonio Sánchez Astray, e Antonio Luis Barreiro Recouso, contra Casa Chelo, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe a seguintes cantidades:

– A Xulio Oliveira Lago, 13.378,17 euros.

– A José Martínez Sánchez, 8.584,39 euros.

– A José Antonio Sánchez Astray, 8.366,37 euros.

– A Antonio Luis Barreiro Recouso, 9.260,07 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe, en audiencia pública do día da data. Dou fe.

Para que sirva de notificación a Casa Chelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial