Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (449/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 449/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Baltasar Rodríguez Liste contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Baltasar Rodríguez Liste, asistido pola letrada Sra. Marisol Romero Salgado, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial (en diante, Fogasa) que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento por causa obxectiva e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data da sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste fallo (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa, ao estar dada de baixa).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 24.384,81 €.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

A secretaria xudicial