Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013 pola que se convoca a contratación non suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto, da xestión e explotación do servizo de cafetaría e comedor da Academia Galega de Seguridade Pública.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada 36680.

Teléfono: 886 20 61 05/886 20 61 04.

Fax: 886 20 61 21.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: xestión e explotación do servizo de cafetaría e comedor da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

a) Lugar de execución: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Prazo de execución: 24 meses, prorrogable polo mesmo período.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con dous criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 15.272,72 €.

IVE (10 %): 1.527,28 €.

Total: 16.800,00 €.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

b) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días hábiles e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación, a través da internet, nos enderezos: http//:www.xunta.es/contratación e http://agasp.xunta. es/

7. Requisitos específicos do contratista:

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

8. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

No Rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública en horario das 9.00 ás 14.00 horas ou ben na forma prevista no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade Pública.

b) Data: o vixésimo día natural contado desde o seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece (13.00) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 26 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública