Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47199

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproba a asignación de vogalías para as asociacións e federacións constituídas por estas que formarán parte do Consello Galego das Mulleres.

O 3 de setembro de 2013 publicouse no DOG nº 167 a Orde do 26 de agosto de 2013 pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de elección das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres.

O 3 de outubro de 2013 publicáronse na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade as relacións provisionais de entidades admitidas e excluídas e o 4 de novembro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 210 a Resolución do 29 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aprobaron as relacións definitivas de entidades admitidas e excluídas para a participación na elección de vogalías do Consello Galego das Mulleres e se iniciou o procedemento de votación.

Logo de concluír o prazo establecido para a votación, a Comisión de Seguimento, constituída ao abeiro da citada orde de convocatoria, efectuou o reconto dos votos emitidos, así como a correspondente proposta de asignación de vogalías, de conformidade co procedemento e o sistema proporcional establecidos na convocatoria.

De acordo co indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación de entidades que obtiveron representación e a asignación de vogalías que lles corresponden , segundo figura no anexo I.

Segundo. Establecer un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co disposto no artigo 9 da convocatoria, para que as entidades elixidas designen as persoas que exercerán as vogalías, utilizando o anexo II que se xunta a esta resolución, que deberán remitir debidamente cuberto á Secretaría Xeral da Igualdade, preferiblemente por correo electrónico ao enderezo xestion.igualdade@xunta.es ou, alternativamente, por calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Igualdade no prazo dun mes, ou, alternativamente, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados estes dous prazos, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo da posible interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

anexo i

Nome da entidade

NIF

Categoría

Provincia

Vogalías asignadas

1

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

Xeral

A Coruña

1

2

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Atención a colectivos con especiais dificultades

A Coruña

2

3

Asociación de Mulleres Profesionais e Autónomas de Galicia

G70251590

Xeral

A Coruña

1

4

Asociación Labregas

G15945686

Xeral

A Coruña

1

5

Asociación para a Promoción e a Integración das Mulleres do Medio Rural

G15656762

Rural

A Coruña

1

6

Asociación Edeid@des para a Integración Laboral e Social da Muller

G27431873

Atención a colectivos con especiais dificultades

Lugo

1

7

Asociación Mulleres en Igualdade de Burela

G27441153

Xeral

Lugo

1

8

Federación de Empresarias de Galicia

V15226004

Profesional

Lugo

2

9

Federación de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

Rural

Ourense

1

10

Federación Hispano-Lusa de Empresarias

G32421026

Profesional

Ourense

1

11

Asociación Cultural de Mulleres do Mar de Poio

G94080942

Profesional

Pontevedra

1

12

Asociación de Mulleres en Igualdade de Cercio

G36585925

Xeral

Pontevedra

1

13

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vilanova

G36585891

Xeral

Pontevedra

1

ANEXO II

DATOS DA ENTIDADE

NOME DA ENTIDADE

SIGLAS

NIF

DOMICILIO SOCIAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

CP

TELÉFONO

FAX

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DA PERSOA QUE REPRESENTA LEGALMENTE A ENTIDADE

APELIDO 1

APELIDO 2

NOME

DNI

CARGO NA ENTIDADE

PROVINCIA

CONCELLO

De acordo co establecido no artigo 9 da Orde do 26 de agosto de 2013, pola que se convocan as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas para o procedemento de elección das vogalías que lles corresponden no Consello Galego das Mulleres, nomeánse as seguintes persoas como representantes da entidade no Consello Galego das Mulleres:

PERSOAS TITULARES

NOME E APELIDOS

NIF

1.

2.

PERSOAS SUPLENTES

NOME E APELIDOS

NIF

1.

2.

Sinatura do/a representante legal da entidade

Sinaturas das persoas representantes e suplentes:

1.

2.

3.

4.

Lugar e data

…………………………., …… de …… de ............………..

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE