Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1158/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1158/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eloy Ferreiro Fernández contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 610/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1158/2011.

Demandante: Eloy Ferreiro Fernández.

Letrado: Sr. Pousa Merens.

Demandado: Esabe Vigilancia, S.A.

Fogasa.

Sentenza nº 610/2013.

A Coruña, 13 de novembro de 2013.

Ditame:

Estimo a demanda formulada por Eloy Ferreiro Fernández fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 1.324 euros euros en concepto de salarios debidos e outros conceptos salariais.

O Fogasa deberá pasar por esta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de novembro de 2013

A secretaria xudicial