Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO sobre o Plan especial de mellora do núcleo rural da Igrexa-Lores.

Unha vez aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 5 de novembro de 2013, o Plan especial de mellora do núcleo rural da Igrexa-Lores, redactado por iniciativa do Concello de Meaño por Urbes Gestión del Suelo, S.L. e asinado pola arquitecta Sandra Barbeito Méndez e pola avogada Beatriz Piñeiro Gondar; integrado por memoria, cartografía e anexos (memoria de sustentabilidade ambiental, resolución de non sometemento ao proceso de avaliación ambiental estratéxica, estudo de sustentabilidade económica, estudo de elementos patrimoniais e incidencia dos criterios de ordenación, estudo parcelario da Igrexa e xustificación da proposta e reportaxe fotográfica), sométese, ao abeiro do artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, á información pública polo período dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinalo e presentar as alegacións que consideren oportunas en relación con el.

Así mesmo, acordou suspender, durante o prazo dun ano, o outorgamento de licenzas naquelas áreas do territorio obxecto de planificación en que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas baseadas no réxime vixente sempre que resulten compatibles coa nova ordenación.

Meaño, 18 de novembro de 2013

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa