Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47553

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas, convocados polas ordes do 26 de decembro de 2005 e do 27 de xullo de 2011.

En virtude das ordes do 26 de decembro de 2005 e do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2006, e núm. 144, do 28 de xullo de 2011, respectivamente) convocáronse procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas.

Polas ordes do 5 de decembro de 2007 (DOG núm. 239, do 12 de decembro) e do 30 de novembro de 2012 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran nas ordes do 5 de decembro de 2007 e do 30 de novembro de 2012, polas que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de obras públicas, ao acto de elección de destino definitivo, que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 9.45 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no respectivo proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes nomeados pola Orde do 5 de decembro de 2007 terán preferencia sobre os/as aspirantes nomeados/as pola Orde do 30 de novembro de 2012.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as en cada proceso selectivo, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAX010000115770070

25

A2

Especial

Xefatura Sección Técnica II

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Área de Planificación e Programación

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

2

MAX010000015770029

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

3

MAA010000115770008

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico de funcións facultativas

MA

Augas de Galicia

S. X. de Xestión do Dominio Público Hidráulico

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

4

MAA010000215770007

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico de funcións facultativas

MA

Augas de Galicia

S. X. de Programación e Proxectos

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

5

MAA992000015770039

25

A2

Especial

Sección de Verteduras

MA

Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Demarcación Galicia - Centro (Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

6

MAA992000015770047

22

A2

Especial

Distrito A Coruña I

MA

Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Demarcación Galicia - Centro (Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

7

MAA992000015770049

22

A2

Especial

Distrito A Coruña II

MA

Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Demarcación Galicia - Centro (Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

8

MAA992000027001015

25

A2

Especial

Sección de Dominio Público Hidráulico

MA

Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Demarcación Bacías Intercomunitarias (Lugo)

Lugo

Enxeñeiro técnico de obras públicas

9

MAA992000036560047

22

A2

Especial

Distrito Pontevedra costa

MA

Augas de Galicia (Servizos Periféricos)

Demarcación Galicia - Sur (Vigo)

Vigo

Enxeñeiro técnico de obras públicas

10

MAX010000115770155

25

A2

Especial

Xefatura Sección Técnica

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Área de Planificación e Programación

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

11

MAX010000015770028

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

12

MAX010000015770033

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Santiago de Compostela

Enxeñeiro técnico de obras públicas

13

MAX991000015001016

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos Periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

A Coruña

Enxeñeiro técnico de obras públicas

14

MAX991000015001017

15

MAX991000015001018

16

MAX991000027001016

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos Periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Lugo

Enxeñeiro técnico de obras públicas

17

MAX991000027001017

18

MAX991000032001050

25

A2

Especial

Xefatura Sección Seguridade Viaria e Maquinaria

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos Periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Ourense

Enxeñeiro técnico de obras públicas

19

MAX991000032001018

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos Periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense

Ourense

Enxeñeiro técnico de obras públicas

20

MAX991000032001019

21

MAX991000032001020

MAX991000036001011

22

A2

Especial

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos Periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Pontevedra

Enxeñeiro técnico de obras públicas

23

MAX991000036001012