Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47520

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

En virtude da Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2008) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Pola Orde do 24 de setembro de 2009 (DOG núm. 191, do 29 de setembro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 24 de setembro de 2009, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 14.30 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados/as en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/

escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

EDC995030115001006

20

A1

Especial

Técnico superior arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo do Reino de Galicia

A Coruña

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

2

EDC995030127001005

20

A1

Especial

Técnico superior arquivos

CU

Servizos periféricos

Arquivo Lugo

Lugo

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

Xornada mañá ou tarde

3

ED2010000215770004

20

A1

Especial

Técnico superior de arquivos

CU

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

 

4

ED3010000215770010

20

A1

Especial

Técnico superior arquivos

CU

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

D. X. de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

 

5

ED3010000215770007

20

A1

Especial

Técnico/a superior de arquivos

CU

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

S. X. de Arquivos

Santiago de Compostela

Facultativo/a sección arquivos (R.I.).

 

6

ED3010000215770006

25

A1A2

Especial

Xefatura de sección do arquivo Xunta

ED

Secretaría Xeral de Cultura

S. X. de Arquivos

Santiago de Compostela

 

Facultativo/a sección arquivos (R.I.)., axudante sección arquivo (R.I.).