Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47503

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de abril de 2013 pola que se convocan axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2013.

No Diario Oficial de Galicia número 98, do 24 de maio de 2012, publicouse a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 21 de maio de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia. De acordo con elas convocáronse as axudas para o ano 2013 por medio de Resolución do 29 de abril de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 8 de maio).

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 21.5.2012; DOG núm. 98, do 24 de maio)
María Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade

ANEXO
Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para 2013 (aplicación orzamentaria: 2013.07.04.512A.481.1)

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

Entidade

NIF

Importe

Fegatrans

G32400293

45.236,15 €

Transgacar

G15640808

44.869,46 €

Urbanos

G70231121

10.634,00 €

Fegatravi

G70209234

38.769,08 €

Galeval

G70037544

3.500,22 €

Asetranspo

G36627719

68.940,12 €

Fegatramer

G15086358

127.674,61 €

Fegabus

V15086341

14.900,93 €

Fetram

G32345670

53.003,30 €

Fegataxi

G15353543

65.152,10 €

Anetra

G15624281

24.801,54 €

Total

497.481,51 €