Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47513

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do/da funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

P.D. (Orde 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

Anexo

Apelidos e nome

NRP

Denominación do posto

Código

Corpo/escala

Nivel

Localidade

Oliete Trillo, Paula

4690352213 A2060

Xefatura Departamento de Persoal

PX.A11.00.002.15770.020

Xeral

28

Santiago de Compostela

Sanmartín Vázquez, María Cristina

3488972057 A2060

Xefatura Departamento Xurídico

PX.A11.00.002.15770.040

Xeral

28

Santiago de Compostela

Villanueva Rodríguez, Marta

3329684513 A2051

Xefatura Departamento Orzamentario

PX.A11.00.002.15770.060

Xeral

28

Santiago de Compostela

Golmar Varela, Sonia María

7681732802 A2060

Xefatura Departamento de Contratación

PX.A11.00.002.15770.080

Xeral

28

Santiago de Compostela

Castro Barreiro, Jesús

3529379113 A2060

Xefatura Departamento de Relacións Institucionais

PX.A11.00.002.15770.100

Xeral

28

Santiago de Compostela

Souto Martínez, Hilda

3426096802 A205G

Xefatura Departamento de Telecomunicacións

PX.A11.00.003.15770.020

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Valiño García, Juan Antonio

4480916968 A205H

Xefatura Departamento de Sistemas

PX.A11.00.003.15770.040

Xeral/especial/xeral (escala informática)/
estatutario Sergas (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Herva Iglesias, Gustavo

3267996902 A205G

Xefatura Departamento de Seguridade e Calidade

PX.A11.00.003.15770.060

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Couto Losada, José Alberto

3329053702 A205H

Xefatura Departamento Moderniz. Admón. de Xustiza

PX.A11.00.004.15770.020

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Pillado Quintáns, Isabel

3279976557 A205G

Xefatura Departamento de Administración Electrón.

PX.A11.00.004.15770.040

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Vázquez López, Ramiro

3331962868 A0590

Xefatura Departamento de Desenvolvemento

PX.A11.00.005.15770.020

Xeral/especial/xeral (escala informática)/
docente

28

Santiago de Compostela

Gómez Apesteguía, José Miguel

5080887813 A2080

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.040

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Ferreiro Fernández, Pablo

3499828724 A205G

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.050

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Cabarcos Traseira, Manuel José

3278221324 A205H

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.070

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Barreiro Abal, Pedro Adolfo

5249460968 A205H

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.080

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Amado Castro, Martín

7931367835 A205G

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.090

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Casas Vázquez, Alejandro

3531079968 A205H

Xerente de Proxectos

PX.A11.00.005.15770.100

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Rodríguez González, Felicitas

3459796057 A2051

Xefatura Departamento de Sociedade da Información

PX.A11.00.006.15770.020

Xeral/especial/xeral (escala informática)

28

Santiago de Compostela

Rodríguez Arós, Juan Víctor

4407710857 A205H

Xefatura Departamento de Innovación Tecnolóxica

PX.A11.00.006.15770.040

Xeral/especial/xeral (escala informática/docente

28

Santiago de Compostela