Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47495

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2013.

En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira segunda da Orde do 24 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2013 para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 150, do 7 de agosto), e de conformidade co establecido nos artigos 2.5, 4.5 e 7 da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2013 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Tomar razón da delegación efectuada polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) no seu vicepresidente executivo.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

Anexo
Xurado

Presidente: José Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local.

Vicepresidente: Alfonso Villares Bermúdez, vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), por delegación do seu presidente.

Vogais:

– Xosé Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, por designación da Fegamp, en representación das deputacións provinciais.

– Alfredo García Rodríguez, alcalde do Barco de Valdeorras, por designación da Fegamp.

– Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño, por designación da Fegamp.

– Teresa Carballeira Rivera, profesora titular de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, designada pola Dirección Xeral de Administración Local.

– José Manuel Pardellas Rivera, funcionario de administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría superior, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

Secretaria: Carmen Brun Vázquez, xefa do Servizo de Xestión e Cooperación Económica da Dirección Xeral de Administración Local, que actuará con voz e sen voto.