Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47747

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 236, do 11 de decembro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 47530, no anexo, nas prazas con números 1, 2 e 3 (con códigos de posto: ED3010000115770036, ED3010000115770037 e ED3010000115770038 respectivamente) na columna de «observacións» debe dicir: «Xornada de mañá ou tarde».