Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47985

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, elaborada en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Con data do 23 de novembro de 2013 rematou o prazo para presentar reclamacións que fora fixado pola Resolución do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 216, do 12 de novembro), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Unha vez que foron examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Comisión Permanente Central, na xuntanza que tivo lugar o 14 de novembro de 2013, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.

Esta dirección xeral, de conformidade co previsto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia
(www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

As listaxes indican:

– Os solicitantes admitidos, con indicación da puntuación.

– Os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitaren a devolución das taxas por dereitos de inscrición. Deben consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia compulsada do modelo de autoliquidación da taxa.

Cuarto. Contra esta resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información.

A1

206K

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos.

A1

206L

Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas.

A1

210A

Escala de inspección urbanística.

A1

2060

Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

A1

2061

Escala de arquitectos.

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos.

A1

2063

Escala de enxeñeiros/as agrónomos.

A1

2064

Escala de enxeñeiros/as industriais.

A1

2065

Escala de enxeñeiros/as de minas.

A1

2066

Escala de enxeñeiros/as de montes.

A1

2067

Escala de veterinarios.

A1

2068

Escala de biólogos/as.

A1

2069

Escala de químicos/as.

A1

2083

Escala superior de estatísticos.

A1

2086

Escala superior de finanzas.

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Dereito.

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola.

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Navegación Marítima.

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Pesca Marítima.

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Inglés Marítimo.

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas.

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Comunicacións.

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Máquinas e Instalacións Mariñas.

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos Sanitarios.

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios. Especialidade en Formación e Orientación Laboral.

A2

205F

Escala técnica de finanzas.

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática.

A2

206I

Escala técnica de inspección turística.

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos.

A2

206X

Escala técnica de inspección de consumo.

A2

210B

Escala de subinspección urbanística.

A2

2051

Corpo de xestión da administración da Xunta de Galicia.

A2

2052

Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais.

A2

2073

Escala de arquitectos/as técnicos.

A2

2074

Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas.

A2

2075

Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais.

A2

2077

Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas.

A2

2085

Escala técnica de estatística.

A2

2094-01

Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos Subacuáticos e Hiperbáricos.

A2

2094-02

Escala de mestres de taller. Especialidade en Máquinas e Produción.

A2

2094-03

Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos ao Buque.

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira.

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática.

C1

2053

Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

C1

2081

Escala de delineantes.

C2

2054

Escala de axentes forestais.

C2

2059

Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

2055

Agrupación profesional.

ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

002

Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.

I

004

Titulado/a superior.

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a.

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a.

I

023

Documentalista.

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva.

II

002

ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas.

II

006

Educador/a, profesor/a especial.

II

007

Titulado/a grao medio.

II

011

Fisioterapeuta.

II

017

Asistente social.

II

020

Terapeuta ocupacional.

II

021

Monitor/a ocupacional.

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio).

II

031

Restaurador/a.

II

033

Profesor/a de danza clásica.

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional.

II

038

Perito-xudicial diplomado/a.

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil.

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG.

III

004

Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar.

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén.

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.

III

012

Mestre/a de taller.

III

014

Xefe/a de cociña.

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia.

III

063

Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a.

III

065

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.

III

066

Axudante taller, adxunto/a taller.

III

069

Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.

III

078

Subgobernante/a.

III

090

Animador/a sociocultural.

III

104

Intérprete de linguaxe de signos.

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar.

IV

003

Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a.

IV

004

Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado.

IV

005

Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

IV

009

Oficial 2ª agrario/a.

IV

011

Auxiliar de laboratorio.

IV

016

Condutor/a.

IV

017

Almaceneiro/a, despenseiro/a.

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

IV

021

Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría.

IV

025

Cargador/a. Tremoieiro/a.

IV

030

Auxiliar formación ocupacional.

IV

031

Legoeiro/a.

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

IV

036

Auxiliar de museos.

IV

039

Auxiliar de autopsia.

V

001

Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.

V

002

Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín.

V

003

Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado.

V

008

Peón/oa agrario/a.

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais.

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

V

10F

Peón/oa forestal.

V

011

Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais.

V

012

Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno.

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico superior de defensa contra incendios forestais.

II

039

Técnico forestal de defensa contra incendios forestais.

III

100

Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais.

IV

032

Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais.

IV

033

Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais.

IV

037

Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais.

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais.

V

10B

Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais.

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais.

V

014

Peón de defensa contra incendios forestais.

V

14A

Peón condutor de defensa contra incendios forestais.