Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48000

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 31 de outubro de 2013 (DOG núm. 217, do 13 de novembro), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión nas prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa funcionaria preste servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Mª Elena Parajó Calvo.

NRP ou DNI: 3609823002 A2061.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Posto de traballo: xefatura do Servizo de Arquitectura e Etnografía.

Código do posto: ED.302.00.002.15770.004.

Nivel: 28.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Sub. Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Localidade: Santiago de Compostela.