Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48072

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (1996/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1996/2011 desta Sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Construcciones Denis, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Miguel Ángel Lago Tobío, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado da administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 10 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, no procedemento 612/2010 seguido por instancia de Mutua Gallega contra os demandados, debemos revogar e revogamos a sentenza de instancia e, desestimando a demanda interposta pola Mutua Gallega, absolvemos os demandados das pretensións contidas na demanda.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Lago Tobío, con último domicilio coñecido en Subida á Madroa, 8, piso 1 de Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

A secretaria xudicial