Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Lomba, solicitado a favor dos veciños da CMVMC de Ribadetea, concello de Ponteareas, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Na reunión do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra que tivo lugar o 5.11.2013, pola secretaria do Xurado de Montes deu conta no punto 5-3º da orde do día, da Sentenza 143/2013 pronunciada polo Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra en autos seguidos no procedemento ordinario 246/12, promovidos pola entidade Avigan Granjeros Pontevedreses, S.A. contra a resolución desestimatoria do recurso de reposición contra a Resolución do 3.10.2011, na cal se acordaba clasificar como veciñal en man común a parcela denominada Lomba a favor da CMVMC de Ribadetea (Ponteareas).

Co obxecto de dar cumprimento á resolución da sentenza, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Ribadetea.

Nome do monte: Lomba.

Segundo información que consta no expediente, os seus lindes son:

Cabida: 0,653 ha (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte e oeste: vía asfaltada que conduce desde o campo de fútbol da Lomba ata o parque móbil da Deputación Provincial.

Sur: predios particulares de herdeiros de Carmen Carballido e herdeiros de Manuel Domínguez Sánchez.

Leste: antigas instalacións de Cophefor.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou información xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 25 de novembro de 2013

X. Carlos Morgade Martínez
Instrutor