Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (306/2012).

No presente procedemento seguido por instancia de Casa Pepe Vigo, S.L. fronte a Ramberfra, S.L. e a Servicios Pesqueros Symphonie, S.L. ditouse sentenza nº 85/2013, cuxo teor literal é o seguinte:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Rodríguez na representación acreditada, debo condenar e condeno a Ramberfra, S.A.R.L. e Servicios Pesqueros Symphonie, S.L. a satisfacer á demandante a cantidade de 34.798,73 euros, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con imposición á demandada das custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e ante ela cabe interpoñer recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 20 días desde a súa notificación ás partes, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

E encontrándose o devandito demandado, Servicios Pesqueros Symphonie, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de novembro de 2013