Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49140

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 312/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número SSS 312/2013 por instancia de Mutua Galega, A.T contra INSS, TXSS e Marcos Paleo Otero sobre seguridade social, nos cales no día da data foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que, estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Marcos Paleo Otero, debo condenar e condeno a empresa Marcos Paleo Otero a reintegrar á Mutua a cantidade de 488,30 € en concepto de asistencia sanitaria, e prestacións de incapacidade temporal, derivada do proceso de incapacidade temporal aboadas pola mesma ao traballador Manuel Quelle Pérez, consecuencia do accidente de traballo sufrido no 8 de xullo de 2008, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa, e que se cuantifica a razón de 249,21 €, por concepto de asistencia sanitaria.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e nº expediente, e demostrar mediante a presentación do comprobante do ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Marcos Paleo Otero, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán no xulgado, salvo as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial