De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00943, nova vía de conexión Rairo (CV-401)-Bemposta (OU-105).
Clave: OU/06/088.01
Concello: Ourense.
Provincia: Ourense.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Ourense.
Acto notificado: resolución de recurso de reposición.
Persoa que se notifica |
Data do acto que se notifica |
Nº de expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Gerardo Novoa Taboada Gerardo Novoa Taboada |
11.7.2013 11.7.2013 |
2010004102 2010004104 |
36 74 |
1.723,05 7.939,96 |