De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no Diario Oficial de Galicia a resolución do procedemento ao interesado que se sinala no anexo.
O interesado poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte a súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio do interesado –se radica en Galicia–, a elección desta, no prazo de dous meses contados desde a dita data.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Expediente: 67/I/13 (IN635C 2012/80-4).
Interesado: Víctor Manuel Vaz Vieira.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.