Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Galega Monte Industria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da sesión ordinaria da Xunta de Goberno da Asociación Galega Monte Industria, onde se reflicte o acordo acadado o 15 de marzo de 2013 e que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser no Centro de Negocios Costa Vella, rúa de Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social