Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, polo presente fai saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario 1064/2012, seguido por instancia de Colegio Santa María del Mar de A Coruña, contra Onidia Fonseca Castillo, Juan Carlos Tolon Govin, en que foi ditada sentenza o 28 de xuño de 2013. E encontrándose os indicados demandados en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto para que lles sirva de notificación en forma. Indícase que os interesados poderán dirixirse a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.
Faise constar que contra a indicada sentenza cabe recurso de apelación, no prazo de vinte días, ante este xulgado.
A Coruña, 24 de xullo de 2013
A secretaria xudicial