Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (394/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 394/2011 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Roberto Felpete Baña, Samuel García Rodríguez, José María Pazos Mosquera e José Luis Sánchez Mosquera, contra a empresa Escaleras Víctor González, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza: 638/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 394/2011, acumulado PO 840/2013.

Demandante: José María Pazos Mosquera, José Luis Sánchez Mosquera, Roberto Felpete Baña e Samuel García Rodríguez.

Letrada: Sra. Vázquez Méndez.

Demandado: Escaleras Víctor González, S.L.

Sentenza: 638/2013.

A Coruña, 11 de novembro de 2013.

Resolución

1. Estimo a demanda formulada por José María Pazos Mosquera, José Luis Sánchez Mosquera, Roberto Felpete Baña e Samuel García Rodríguez contra a empresa Escaleras Víctor González, S.L. e, en consecuencia:

a) Condeno a empresa Escaleras Víctor González, S.L., a pagar, en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos:

– A José María Pazos Mosquera, a suma de 4.605,66 euros.

– A José Luis Sánchez Mosquera, a suma de 4.430,40 euros.

– A Roberto Felpete Baña, a suma de 4.530,40 euros.

– A Samuel García Rodríguez, a suma de 4.576,99 euros.

b) Condeno a empresa demandada a satisfacer o 10 % de xuros de demora por cada unha das cantidades recollidas na letra anterior ata o seu completo pagamento a cada un dos traballadores mencionados.

2. Estimo a demanda formulada por Roberto Felpete Baña e Samuel García Rodríguez fronte á empresa Escaleras Víctor González, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta última a pagar, en concepto de indemnización debida e non satisfeita polo seu despedimento obxectivo:

– A Roberto Felpete Baña, a suma de 5.856,30 euros.

– A Samuel García Rodríguez, a suma de 6.502,71 euros.

3. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Escaleras Víctor González, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial