Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador por infracción en materia de xogo P-24/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora de xogos e apostas de Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, e pola Lei 3/2002, do 29 de abril, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde ao director xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o disposto nos artigos 12.3 e 134.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 euros.

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), dispón dun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 12 de novembro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: P-24/13.

DNI ou NIF: 78798534-M.

Denunciado: Carlos Balado Vázquez.

Enderezo: r/ Hernán Cortés, nº 5, 3º,-Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 30) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, e pola Lei 3/2002, do 29 de abril, en relación co artigo 75 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro.