Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (835/2012).

Nº de autos: Seguridade Social 835/2012 F.

Demandante: Ramón Varela Cancela.

Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Consultoría de Anclajes y Sondeos.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 835/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Varela Cancela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Consultoría de Anclajes y Sondeos, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza 687/2013.

Nº autos: 835/2012.

A Coruña, 27 de novembro de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante Ramón Varela Cancela, que comparece asistido da letrada Beatriz Sánchez Pardo e doutra, como demandado, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada Ana Pardo Costas, Fremap, que comparece representada pola letrada María Ángeles Gómez Lage, Consultoría de Anclajes y Sondeos, que non comparece malia estar citada en legal forma.

Resolvo:

Que desestimo a demanda formulada por Ramón Varela Cancela contra o INSS e a TXSS, Mutua Fremap e empresa Consultoría de Anclajes y Sondeos, S.L., e absolvo as demandadas das pretensións formuladas contra elas.

Modo de impugnación. Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase o recorrente que sexa entidade xestora e fose condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico que, ao anunciar o recurso, deberá achegar certificación acreditativa de que comeza o seu aboamento e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente é unha empresa ou mutua patronal que fose condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de que esta determine o seu importe, unha que vez lle sexa comunicada polo xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Consultoría de Anclajes y Sondeos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial