Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013 que resolve o recurso de reposición do predio número 21 sito en Coles, relativo ao proxecto 01252 (expediente 2012/002395).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Hros. José Antonio Figueiras Quintas o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 21, sito en Coles, relativo ao proxecto 01252, expediente 2012/002395, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01252-acondicionamento e novo trazado da estrada OU-0502 Gustei (N-525)-Os Peares (N-120). Treito Gustei-Ponte da Barra. Concello de Coles.

Nº de expediente: 2012/002395.

Persoas que se notifican: Hros. José Antonio Figueiras Quintas.

Expropiante: Deputación Provincial de Ourense.

Expropiados: Hros. José Antonio Figueiras Quintas.

Beneficiaria: Deputación Provincial de Ourense.

Predio nº: 21.

Concello: Coles.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do xurado: 3.838,11 €.