Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49413

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Inviste).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 238, do 13 de decembro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 47969, na letra b) do artigo 20.3, onde di:

«b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida. Para tal efecto, o Igape poderá desenvolver mediante unha instrución do director xeral os criterios de gradación para determinar o alcance da obriga de reintegro».

Debe dicir:

«b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida. Para tal efecto, o Igape poderá desenvolver mediante resolución do director xeral, ditada por delegación do Consello de Dirección e publicada no DOG, os criterios de gradación para determinar o alcance da obriga de reintegro».