Visto o expediente inicial e o anexo do 20 de outubro de 2013, presentado o día 15 de novembro, para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle (Ourense).
Denominación: recuamento LMT e CT en Souto (grupo escolar).
Situación: Amoeiro.
Características técnicas:
LMT aero-subterránea de 450 m con condutor RHZ1 12/20 KV-3×150 Al e 12 m en aéreo, con condutor LA110/116,2 mm2, con orixe na LMT SAC806 Vilamarín 6 e remate na LMT SAC805 O Carballiño 5, con entrada e saída no CT proxectado grupo escolar 32CW11, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 25.070,29 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outorgase sen prexuízo das concesións e/ou autorizacións que sexan precisas, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Ourense, 3 de decembro de 2013
Xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

