Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2013/245-1 e outro.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2013/245-1.

Acta inf. nº: I152013000062182.

Empresa: Moure Pan, S.L.

NIF: B15569817.

Enderezo: Polígono do Tambre, vía de Nobel 8, 15890 Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas correctoras previstas na planificación de actividades preventivas).

Normativa infrinxida: artigo 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: artigo 12.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.3 e 40.2.b) do dito texto legal.

Data resolución: 24.9.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Moure Pan, S.L. unha sanción por importe de oito mil cento noventa e seis euros (8.196 €).

Expediente nº: RL 2013/249-1.

Acta inf. nº: I152013000064105.

Empresa: Moure Pan, S.L.

NIF: B15569817.

Enderezo: Polígono do Tambre, vía de Nobel 8, 15890 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (non aboamento de salarios e complemento de IT).

Normativa infrinxida: artigo 21 do Convenio colectivo de panadarías da Coruña do 28 de agosto de 2012.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.2 e 40.1.b) do dito texto legal.

Data resolución: 24.9.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Moure Pan, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

A Coruña, 5 de decembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña