Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 27 de novembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00460095600000035500, do Banco Gallego, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ferrol, 27 de novembro de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

anexo

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Leal Sánchez, Tamara

44057580E

Fra. 201002876

24.9.2010

320,61

Lalangui Roldán, Karen Lissette

X7890498A

Fra. 201100118

19.1.2011

717,23

Rincón Ojeda, Henry

X7631407F

Fra. 201100127

19.1.2011

235,73

Lalangui Roldán, Karen Lissette

X7890498A

Fra. 201100129

19.1.2011

1.213,55

Torres Paucar, Andrés Sebastián

X7266070W

Fra. 201300739

25.2.2013

351,01