Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de xestión do coñecemento (AB-SER1-14-014).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Dirección da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 28.1.2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de xestión do coñecemento.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

1. Proposta funcional

0-20

2. Proposta técnica

0-10

3. Plan de proxecto e plan de negocio

0-10

4. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución exposta

0-10

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

1. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución

0-15

2. Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución

0-12

3. Condicións de participación en beneficios de explotación

0-10

4. Achega pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas co obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou achega de produtos propios

0-8

5. Prezo

0-5

4. Valor estimado do contrato: 977.590 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 977.590 euros. Importe total: 1.182.883,90 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.1.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 23.12.2013.

12. Outras informacións. Cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 02.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos