Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación do contrato que se cita.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou dar publicidade á adxudicación que se indica a continuación:

Expediente: ED-DXEFPIE03/13 SE. Contrato administrativo especial de organización e desenvolvemento de cursos de inglés para alumnado de sexto curso de educación primaria e para alumnado de educación secundaria obrigatoria matriculados en centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1. Adxudicataria lote único: Vaughan Intensivos Residenciales, S.L.

1.1. Orzamento: 262.350,00 euros.

Data de adxudicación: 2.11.2013.

Data de formalización: 2.11.2013.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño) e no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

P.D. (Orde de 25 de xaneiro de 2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria