Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 16 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica á persoa interesada a resolución dun expediente tramitado ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo a resolución do expediente de axuda extraordinaria a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O correspondente expediente consta no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2013/30-0.

Interesada: Denia Álvarez Villar.

Acto notificado: Resolución do 12 de novembro de 2013 pola que se acepta a desistencia presentada pola interesada e se declara concluso o procedemento e se arquiva sen máis trámites.