Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 30 de decembro de 2013 Páx. 52512

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

RESOLUCIÓN pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante poxa, de concesións demaniais para a explotación de postos de venda vacantes no mercado municipal de abastos da avenida de Bos Aires.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, r/ Michelena 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: licitación pública das concesións demaniais para o uso privativo dos postos vacantes no mercado municipal de abastos da avenida de Bos Aires.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto e poxa.

4. Canon da concesión: variable segundo o tipo de postos a que se opte, recollido na claúsula 3ª do prego de condicións.

5. Garantía provisional: cláusula 5ª do prego; non se prevé a súa constitución. Definitiva: cláusula 13.1.c) do prego.

6. Obtención de información: perfil do contratante na web do Concello de Pontevedra www.pontevedra.eu, Administración municipal de mercados, avda. de Bos Aires, s/n, Pontevedra 36002. Teléfono: 986 85 18 04.

7. Presentación de ofertas: 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que aparezan (DOG e BOP). Lugar: Rexistro Xeral do Concello (das 9.00 ás 13.30 horas).

8. Documentación: cláusula 8 do prego.

9. Apertura das ofertas: cláusulas 11 e 12 do prego.

Coa publicación deste anuncio procédese á apertura dun novo prazo para a licitación e presentación de ofertas polos interesados.Durante este mesmo prazo, os licitadores que xa tivesen presentado ofertas, poderán retiralas, se así o desexan, á vista da redacción final dos pregos. Considerarase que as ofertas que non sexan retiradas no dito prazo seguen vixentes para os efectos de participar no procedemento de adxudicación.

Pontevedra, 27 de novembro de 2013

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde

José Carlos Castiñeira Piñeiro
Secretario da Administración municipal