Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/13/13).

Neumáticos José Luís, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacén e taller de automóbiles na especialidade de reparación de neumáticos, que se vai situar na estrada (PO-510), Porriño-Salceda, km 2, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra- poidan examinar o expediente AM/13/13, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 15 de novembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde