Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 53

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en diversas especialidades abertas polo Anuncio do 30 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos das especialidades de Sistemas Electrónicos (590124) e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario, Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e na especialidade de Alemán (592001) do corpo de escolas oficiais de idiomas, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es), as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Sistemas Electrónicos (590124) e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario, Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e na especialidade de Alemán (592001) do corpo de escolas oficiais de idiomas.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos